----

Xurxo Mariño dialoga con "Puente para insectos, miriápodos, gastrópodos, lagartijas y mamíferos pequeños" de Jorge Barbi

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.

Xurxo Mariño dialoga con




NA VOZ




Xurxo Mariño
Xurxo Mariño Alfonso (Lugo, 1969) é biólogo e doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña (na actualidade en excedencia). Especializado en neurofisioloxía, forma parte do grupo de investigación Neurocom da UDC, así como de varias sociedades científicas estatais e internacionais. Ten publicado os libros Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas(Consello da Cultura Galega, 2005), Po de estrelas (Consello da Cultura Galega, 2008), Neurociencia para Julia (Laetoli, 2012), Terra. Ciencia, sorpresas e aventuras dunha viaxe arredor do mundo (Xerais, 2017) e El misterio de la mente simbólica. Cerebro, lenguaje y evolución (EMSE-El País, 2018). Na actualidade realiza colaboracións de divulgación do coñecemento científico nos programa Julia en la onda de Onda Cero, da revista de ciencia, pensamento e divulgación Mètode, do portal de divulgación Naukas.com, do programa de TVE Orbita Laika e da web da revista Luzes. Posuidor de diversos galardóns, no ano 2011 levou o Premio Especial do Xurado do I Certamen FECYT de Comunicación Científico, ademais do Premio Tesla de Divulgación en 2014 e do Lois Peña Novo en 2017. É membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega.


NA OBRA


Jorge Barbi
Puente para insectos, miriápodos, gastrópodos, lagartijas y mamíferos pequeños
1992. Escultura, fotografía, instalación, artes pública
Medidas: 120 x 70 cm
Fotografia. 1/5.