Ramón Villares impartiu un seminario sobre "expectativas e desafíos da cooperación cultural" no Instituto “Itaú Cultural” de Sao Paulo

O presidente do Consello da Cultura Galega, profesor Ramón Villares, concluiu en Sao Paulo (Brasil) un periplo que o levou tamén, desde o 19 de marzo, a Bos Aires e Montevideo. En Sao Paulo impartiu no Instituto “Itaú Cultural” un seminario para xerentes e coordinadores desa institución e dirixentes de instituciós culturais paulistas. Falou sobre “As institucións culturais de Galicia e as expectativas e os desafíos da cooperación cultural”.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

O instituto “Itaú Cultural” é un centro de referencia, de carácter privado, para a investigación, a producción de contidos e o incentivo e a difusión de manifestacións artísticas e culturais, co que colabora regularmente o Consello da Cultura Galega.

Por último, hoxe martes 27 de marzo Ramón Villares visitou a Casa Guilherme de Almeida, un museo biográfico e literario, onde o próximo mes de novembro será inaugurada a exposición “Valentín Paz-Andrade, uma antena galega no Brasil”, promovida polo Consello da Cultura Galega en homenaxe ás figura escollida este ano para protagonizar o “Día das Letras Galegas”.

www.consellodacultura.org
www.itaucultural.org.br
www.casaguilhermedealmeida.org.br

Outras noticias que te poden interesar: