Os seus principais obxectivos son recuperar e facilitar o acceso á información, datos, voces, imaxes, escritas, traballos e traxectorias de mulleres galegas e/ou relacionadas con Galicia.
Ten a intención de ser de utilidade en dous niveis: un de divulgación máis xeral que poida ser consultado como fonte de referencias informativas básicas, e outro que, de forma máis concreta, poida ser empregado como ferramenta de traballo en ámbitos especializados como o ensino ou a investigación.
Configúrase con:
- Mulleres no Álbum de Galicia
- Colectividades e organizacións
- Cartografías
- Biobosquexos
- Monografías temáticas (antes especiais)
- Liñas do tempo