Permiten o acceso a datos e fontes de información que posibilitan conxugar pasado e presente da temática proposta e están suxeitos a revisións e ampliacións.
Compóñense, en xeral, de artigos de nova creación, ligazóns de interese relacionadas e reproducións de referencias documentais recuperadas do esquecemento: gráficas, sonoras, bibliográficas, bibliográficas, hemerográficas...
A maioría deles contan con documentación procedente dos fondos de arquivo, bibliográficos e documentais do CCG e tamén do CDIF. Dado que estes últimos están suxeitos a novas incorporacións, as monografías son tamén susceptibles de ampliacións para incluír eses novos fondos.