----

Mónica de Nut dialoga con "Carne viva fría" de Mónica Alonso

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.

Mónica de Nut dialoga con




NA VOZ




Mónica de Nut
Licenciada na Escuela Superior de Canto de Madrid e Diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo, formouse tamén en jazz e canto e pandeireta tradicional galega. O seu xeito de cantar e crear caracterízase polo eclecticismo, a experimentación e a interacción con outras artes escénicas: danza, teatro, audiovisual, performance... Discos propios: Mónica de nut trío, Dos fíos invisibles chegan as cores, e Raíces Aéreas. Colabora gravando con Mercedes Peón, Oreka Tx e Isga Collective entre outros. Compuxo e interpretou música para pezas de audiovisual, teatro e danza; ven de estrear a peza "Thesaurus" de Ánxela Blanco). Formou parte do elenco da "Ópera dos tres reais" do CDG, "Mujer muerta caminando" de Carlos Álvarez Ossorio, "Barbazul" con Borja Fernández... e proximamente estrearase o filme de Margarita Ledo "Nación" onde actúa e canta.


NA OBRA


Mónica Alonso

2008. ESCULTURA
Medidas: 70 x 47 x 20 cm
Políester rvf pintado, maquina de frío e pintura plástica
Colección da artista.