Homenaxe do Consello da Cultura Galega a Ricardo Carballo Calero
13/10/2020
O Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Concello de Ferrol, organiza o evento “Ferrol, 1916: homenaxe a Ricardo Carballo Calero”, no que se estreará Ferrol 1916, impromptu fantasía composto por Miguel Brotóns para soprano e piano, inspirado no poema homónimo de Ricardo Carballo Calero. A maiores, tamén se presentará a edición facsimilar da obra A farsa das zocas, peza teatral do autor ferrolán, que inclúe un estudo introdutorio do profesor Carlos Biscaínho. O acto terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol o 14 de outubro de 2020 ás 19:30 horas. A entrada é gratuíta e os convites están dispoñibles no despacho de billetes do propio Teatro Jofre. Para ampliar información preme aquí.
Suscríbete as novidades
Podes recibir no teu correo ás novidades do Consello da Cultura Galega simplemente comunicandonos o teu enderezo electrónico