A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe a visita institucional do presidente da Deputacion de Ourense

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, recibiu esta mañá a visita do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco. Era a primeira visita institucional do titular da Deputación ourensá e enmárcase dentro da rolda de colaboracións que a presidenta está a desenvolver con entidades públicas e privadas no marco do seu mandato.
A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe a visita institucional do presidente da Deputacion de Ourense

Na xuntanza, á que asistiron o xerente da institución, Marcelino Fernández e a secretaria, Dolores Vilavedra, falaron dos proxectos de colaboración conxuntos. Entre eles, destaca a celebración dos cen anos do primeiro número da Revista Nós que se celebra este ano e exposición, prevista para 2021, que amosará unha faceta pouco coñecida de Afonso X como é a súa conexión con Galicia.