A presidenta do Consello da Cultura Galega reúnese co presidente da Deputación da Coruña

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, reuniuse este luns co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. É a primeira xuntanza entre ambas as dúas institucións e contou coa participación de Xurxo Couto, deputado responsable da área de Cultura.

É a primeira reunión entre ambas entidades e enmárcase na rolda de contactos que a presidenta está a manter con diferentes entidades públicas e privadas dentro do seu mandato.

No marco da reunión falouse da liña de acción cultural que desenvolve a Deputación e das actuacións do Consello da Cultura Galena como órgano asesor e consultivo. Entre eles, púxose o foco de abrir vías de colaboración acorde co escenario actual moi afectada pola pandemia sanitaria.