3-Abril.- Seminario sobre “As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional” en colaboración co Movimento Festlatino

O Consello da Cultura Galega ven desenvolvendo nos últimos anos encontros e convenios con distintas institucións públicas e entida¬des culturais contribuíndo ao diálogo da cultura galega con outras culturas e á súa proxección no exterior. Nesta liña de traballo organiza en colaboración co Movimento Festlatino o seminario “As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional. Encontro Festalatino 2012”, que terá lugar o martes, 3 de abril. Participarán representantes de institucións das distintas culturas da península ibérica vinculadas á súa proxección exterior e á promoción do diálogo intercultural (Instituto Ramón Llull, Instituto Ca¬mões, Instituto Cervantes, o propio Festlatino), xunto a persoas de recoñecido prestixio no ámbito cultural e universitario galego. O encontro está coordinado por Henrique Monteagudo (Consello da Cultura Galega) e Humberto França (Movimento Festlatino).

Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

PROGRAMA DO ENCONTRO

O encontro comezará ás 9´30 horas no Salón de actos do Consello da Cultura Galega e as sesións prolongaranse durante toda a xornada dacordo co seguinte programa de traballo:

10:00 h.- “O Instituto Camões e a proxección internacional da cultura e a língua portuguesa”. ANA PAULA LABORINHO, directora do Instituto Camões.
11: 00 h.- “El Instituto Cervantes y su proyección americana”. FRANCISCO MORENO. Instituto Cervantes
12: 30 h.- Mesa redonda: “A literatura e o audiovisual galegos e a súa proxección internacional. SUSO DE TORO, escritor; MANUEL BRAGADO, Asociación Galega de Editores, e MARGARITA LEDO, Universidade de Santiago de Compostela.
Modera: HUMBERTO FRANÇA, Festlatino.

16:00 h.- “Amores e desamores em torno da língua”, ISABEL PIRES DE LIMA, Festlatino
17:00 h.- Promocionando la literatura catalana, por esos mundos de Dios”, ALEX SUSANNA, Institut Ramon Llull.
18: 30 h.- Mesa Redonda: As institucións galegas e a proxección internacional da cultura galega. ENRIQUE SÁEZ PONTE, Fundación Juana de Vega;
FRANCISCO FERNÁNDEZ REI, Universidade de Santiago de Compostela, e VALENTÍN GARCÍA, Secretarío Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Modera: HENRIQUE MONTEAGUDO, Consello da Cultura Galega

O MOVIMENTO FESTLATINO

O Festlatino é nun movemento cultural, literario e educacional que ten como obxectivo fomentar o diálogo cultural entre os países e zonas de linguas e culturas neolatinas de Europa, África, Américas e Asia. Anualmente celebra un congreso no Recife e seminarios preparatorios en varios países de linguas neolatinas que reúnen persoas relevantes do ámbito da escrita, fi¬loloxía, profesorado, arte, estudantado, diplomacia, xornalismo, xestión e liderado cultural e político e promoción cultural.
O Movimento Festlatino ten como presidente de honra ao Dr. Mário Soares, ex-Presidente da República Portuguesa, e está dirixido por un consello formado por vinte e seis personalidades do mundo da cultura e linguas de doce países. O seu coordinador xeral é Humberto França.


Pode atopar información sobre o Festlatino no blog: http://festlatino.blogspot.com/


Para asistir ao Encontro é preciso confirmación no correo:
difusion@consellodacultura.org

Outras noticias que te poden interesar: