A través das modalidades de poesía, teatro, relato curto, deseño de carteis promocionais e revistas, os alumnos poderán traballar e perfeccionar o seu dominio do idioma. O programa de Entre nós en galego esténdese nesta edición ós 340 alumnos dos centros do Bierzo e engade ademais a novidade dun certame musical para grupos e solistas.
Pode obter información sobre a edición anterior na páxina da Dirección Xeral de Política Lingüística.