Cláudia Lucas e Clara Gayo protagonizan unha nova entrega do ciclo Dramaturxias itinerantes

O Consello da Cultura Galega (CCG), o Camões, Centro Cultural Português em Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia presentan unha nova entrega do programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes” que xunta a escrita teatral máis contemporánea de Galicia e Portugal. Nesta ocasión póñense na rede os vídeos das lecturas dos textos dramáticos de Cláudia Lucas Portugal (1978) e Clara Gayo (Vigo, 1978).

Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu son dúas autoras nacidas na década dos setenta e protagonizan esta nova entrega de Dramaturxias itinerantes con Batallas e Violência - fetiche do homem bom, respectivamente, dous textos que nos mergullan nas dimensións máis escuras da condición humana nuns intres e que nos interpelan de xeito singular nestes intres tan difíciles que estamos a vivir. As lecturas dramatizadas, que se poden consultar na rede, inclúe dous vídeos e un debate final entre as autoras moderado por Afonso Becerra.

O programa
O primeiro dos vídeos é Violência - fetiche do homem bom de Cláudia Lago. Consiste nunha viaxe aos abismos mais subterraneos e hardcore da violencia humana guiada por dous irmáns, Miguel e Gabriel, adeptos de junk food e fans da estrela porno Sasha Grey. Está posto en escena por Alicia Castro Cabaleiro, Béatrice Pépin, Eliseo Pereira Henriques, Rosa Estévez Gantes e Nuria Otero Desojo con dirección de Hugo Milhanas Machado. A producción é Eu.Experimento - Grupo de Teatro Amador.

O segundo dos vídeos é Batallas de Clara Gayo, interpretado por Ana Fernández Sánchez, Sabela Solla Simón, Iago Lavandeira García, Jacobo Mo, Marcos Granda con dirección de Nuria Montero. A música en vivo correu a cargo de Jacobo Mo, Marcos Grandal. “Batallas” é unha peza escrita entre os anos 2011 e 2013, profundamente inspirada e condicionada pola crise económica que arrasou o mundo desde o 2008. É unha mestura de xénero que ofrece unha sucesión de escenas (diálogos) entre personaxes (despexados) que reflexionan sobre os motivos (e os culpables) que os conduciron á miseria e que miran ao futuro con total escepticismo.

As autoras
Cláudia Lucas Chéu (Portugal,1978), ten publicados os textos para cena Glória ou como Penélope Morreu de Tédio; Violência - fetiche do homem bom, pola editorial Bicho-do-Mato/Teatro Nacional D. Maria II; A Cabeça Muda, pola Cama de Gato Edições; Veneno (Colecção Curtas da Nova Dramaturgia) por Edições Guilhotina, 2015. En prosa poética, publicou o livro Nojo(2014) e (não) edições; en poesia, o livro Trespasse (Edições Guilhotina, 2014) e Pornographia (Editora Labirinto, 2016). Em 2017, foi publicado o seu poemario Ratazanas polo Selo Demónio Negro en Sao Paulo (Brasil). Publicou, en 2018, o seu primeiro romance Aqueles Que Vão Morrer (Editora Labirinto)e o poemario Beber Pela Garrafa (Companhia das Ilhas). En 2019, foi editado A Mulher-Bala e outros contos (Editora Labirinto). Co-fundadora da Teatro Nacional 21 e da Edições Guilhotina. Realizou varios espectáculos na sala estúdio do Teatro Nacional D. Maria II (Lisboa) e no Teatro Carlos Alberto (Porto).

Clara Gayo (Vigo, 1971) é actriz e dramaturga. En 2009 foi seleccionada para participar nos IV Encontros en Magalia de Creación Contemporánea co seu texto Agorafobia: parálise sobre o medo que autoeditou con RedeNasa na colección “Ultratextos”. No 2010, Estaleiro Editora publica Movidas e Razóns de peso. No mesmo ano escribe A mirada de Pier para Nut Teatro. No 2014 a Revista Galega de Teatro publica Prohibido sufrir e no 2019 a mesma revista edita Micropezas, entre a que se atopa Screenplay, desta autora. No 2015 gana o Premio do Xurado da IX Edición do Premio de Teatro Radiofónico do programa Diario Cultural da Radio Galega, con Evasión e no ano 2017 é finalista con Proxecto Tempo. No 2017 foi seleccionada para participar na 42ª edición da Feira Internacional do Libro, Bos Aires. Participou no II Torneo de Dramaturxia Galega coa peza Con fabulación, que no 2020 foi editada por Edicións Positivas, xunto co resto de participantes da edición.

Participou no II Torneo de Dramaturxia (2018) con As boas actrices peza que en xullo de 2020 estreou na Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas xunto con Mónica Camaño e Arantza Villar. Desde hai 12 anos, é directora da compañía de teatro amador FarandOleiras Cabaré para a que escribiu numerosos espectáculos. Integra desde 2017, xunto con Carlos Santiago e Zé Paredes, o colectivo G.O.D Flavia Antonia (Grupo Oportunista de Drama). Froito deste experimento de escrita a tres mans xurdiron Acto de hixiene (2017), Poetas Suicidas (2018) e Á Mesa! (2019).

Dramaturxias itinerantes/dramaturgias itinerantes
O programa naceu na primavera de 2019 co obxectivo de servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos. Aquela primeira cita tivo lugar en Compostela e Vigo, cos textos das dramaturgas Patrícia Portela e AveLina Pérez, nas voces do alumnado da ESAD e de parte do Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Portugués do Camões de Vigo-Eu.Experimento. Despois chegaron os textos dramáticos de Ana Carreira e Joana Craveiro.

Outras noticias que te poden interesar: