PAXINA

----

Fondos bibliográficos

O Arquivo Sonoro de Galicia conta cun pequeno fondo bibliográfico recollido a través de adquisicións, doazóns e intercambios entre particulares e institucións. A temática deste fondo está centrada na música e complementa a documentación sonora.


Algunhas das publicacións do Consello da Cultura Galega adicadas ao patrimonio musical

Estes fondos bibliográficos están compostos por monografías e publicacións seriadas. O número total suma máis de cincocentas entradas. Pódense consultar na sala (luns-venres, entre 10-14 horas), pero non se facilita o préstamo.

Catálogo en liña