----

Simposio de competencias lingüísticas

O Instituto de Lingüística da Academia de Ciencias de Rusia abre o prazo para presentar comunicacións neste primeiro encontro que terá lugar en Moscova do 23 ó 26 de outubro de 2003.
(Máis información)

O I Simposio de Competencias Lingüísticas está organizado polos membros do Instituto de Lingüística ruso, e analizará entre outros temas os diferentes métodos de documentación sobre a lingua e a interacción dos idiomas que comparten o mesmo territorio. O prazo para enviar un resumo da comunicación remata o día 31 de xaneiro de 2003. O prezo de matrícula é de 100$ para investigadores e de 70$ para estudiantes.


Pode remitir a comunicación e os seus datos para asistir ó congreso ó enderezo que aparece no seu sitio web.