NOTICIA

----

Publicada unha nova entrega do proxecto "Sextina"

O Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) acaba de facer pública unha nova entrega do seu proxecto Sextina. Desta volta inclúe documentación das “II Xornadas Feministas Galegas”, unha cita desenvolvida nos primeiros días de novembro de 1984 que xuntou a diferentes colectivos para tratar algúns dos temas destacados do momento como o lesbianismo, a violencia ou a educación.

Os materiais que se inclúen nesta nova actualización do proxecto Sextina constitúen un documento moi útil para saber o que acontecía o movimiento feminista nos anos oitenta. Pero tamén para coñecer os debates e formas de acción das organizacións que o conforman. Esta entrega inclúe, ademais de materiais publicitarios, un total de dezanove documentos manuscritos e mecanoscritos. Neles fálase de lesbianismo, pacifismo, violencia, educación, traballo e historia, autonomía e formas de organización e loita do movemento feminista organizado en Galicia.

Trátase dun documento relevante para a memoria do movemento feminista en Galicia e para o coñecemento dos debates, reflexións, revisións e críticas máis destacados a mediados da década de oitenta do século XX en Galicia. Os documentos foron depositados no CDIF a través de doazóns.

Sextina
Sextina é un proxecto do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismo (CDIF) que semestralemente visibiliza folletos e documentos dos fondos do CDIF considerados rarezas ou pouco coñecidos debido á súa antigüidade, tipoloxía, forma de produción, procedencia ou xeito de difusión.

A primeira entrega, que se fixo pública en novembro de 2020, puxo na rede “A mulher hoje” ste documento en formato tríptico, é considerado un dos primeiros sobre educación non sexista publicados en Galicia. Trátase dunha guía de apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe dirixido ao profesorado. Ten o obxectivo de fomentar unha conciencia crítica perante as desigualdades e desequilibrios entre os sexos a través da análise das discriminacións das mulleres en todos os ámbitos de relacións sociais. Inclúe recomendacións de actividades e medios para desenvolvelas.