No DOG do 11 de febreiro, a Consellería de Educación abre o prazo de matrícula nos cursos de lingua destinados a adultos e colectivos tanto residentes en Galicia coma no exterior. Organízanse ademais cursos de formación para docentes de todos os niveis do ensino e un curso de linguaxe administrativa para o persoal que traballa na administración autonómica.
Pode consultar no DOG estas convocatorias:
- cursos para adultos e colectivos
- cursos para galegos residentes no exterior ou interesados na cultura galega.
- cursos para docentes
- curso de linguaxe administrativa.