----

Galego para os nenos

A Consellería de Educación pón en marcha a terceira edición do Tren da lingua para os nenos de 5 a 8 anos, e renova o convenio co Parlamento para convocar o certame de poesía e narración por Internet Temos un Parlamento.Temos unha lingua.

(Máis información)

O convenio entre a Consellería de Educación, Caixanova e Renfe permite organizar por terceiro ano o Tren da Lingua, co que máis de 12 000 escolares galegos realizarán pequenas viaxes para participar en actividades relacionadas co idioma. Ata o mes de xuño, Renfe organiza 63 excursións nas que non faltarán contacontos nin pallasos.

Outra iniciativa que pretende achegar a lingua ós máis pequenos é o certame Temos un Parlamento. Temos unha lingua, para alumnos de ensino non universitario, e do que poden consultarse as bases no sitio web de Galiciadixital.