----

Nova achega ó estudio sociolingüístico do noso idioma

A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega presenta mañá, día 11, ás 12 h. no Salón de Actos desta institución Política lingüística: análise e perspectivas.
(Máis información)

Trátase do primeiro volume do proxecto "O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000)", coordinado por Henrique Monteagudo e Xan M. Bouzada e que se desenvolveu en virtude dun acordo entre o Consello da Cultura Galega e a Comisión das Comunidades Europeas.


O primeiro volume preséntanos unha análise da política lingüística autonómica e o seu impacto no prestixio, coñecemento e uso da lingua. Avalíanse as disposicións e actuacións que en materia de lingua desenvolveu a Administración galega, así como a posición dos axentes políticos, sociais e cívicos fronte ó proceso de normalización.

Este traballo completarase coa edición doutros estudios sectoriais que se publicarán en breve.