----

Bolsas de colaboración para licenciados en filoloxía ou traducción e interpretación

Convócanse bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
(Máis información)

Todas as persoas interesadas nesta convocatoria, publicada no DOG do 2 de abril de 2003, deberán presentar a súa solucitude, segundo o modelo que se xunta como anexo á orde, no prazo de corenta días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria.


Os proxectos para os que se convocan estas bolsas son os seguintes:

- Dúas bolsas para o proxecto sobre terminoloxía científico-técnica.

- Unha bolsa para o proxecto de bibliografía da literatura galega.

- Tres bolsas para o proxecto corpus de referencia do galego actual.

- Unha bolsa para o proxecto diccionario de fraseoloxía galega.

- Unha bolsa para o proxecto de prosa literaria galega medieval.

- Unha bolsa para o proxecto de síntese de voz en galego.

- Unha bolsa para o proxecto de diccionarios de literatura.

- Unha bolsa para o proxecto cadernos de fraseoloxía galega.