----

XIII Xornadas de Lingua e Literatura

A Asociación Sociopedagóxica Galega e a CIG-Ensino organizan a decimoterceira edición das Xornadas de Lingua e Literatura, que terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación, en Santiago de Compostela, os vindeiros 25 e 26 de abril.
(Máis información)

As xornadas combinarán, coma en anteriores edicións, relatorios, mesas redondas e seminarios nos que se dispensarán contidos de sociolingüística, lingua e literatura, sempre desde unha perspectiva didáctica.


As inscricións poden realizarse por teléfono, chamando ós números 981 576800 e 981 595854, por Internet ou nos locais das entidades organizadoras. Os/as interesados/as teñen de prazo para formalizar a súa matrícula ata o 25 de abril.


Se desexa consultar o programa completo das xornadas ou acceder ó formulario de inscrición en liña, visite o web da AS-PG.