----

VII Congreso Internacional de Estudios Galegos

A Universitat de Barcelona acollerá, do 28 ó 31 de maio, o VII Congreso Internacional de Estudios Galegos, que xirará arredor de dous temas principais: Mulleres en Galicia e Galicia e os outros pobos da Península.
(Máis información)

O congreso, organizado pola Asociación Internacional de Estudios Galegos (AIEG), pretende ofrecer unha revisión crítica da presencia das mulleres na sociedade e na cultura galegas, así como da relación de Galicia co resto dos pobos da Península Ibérica. Estes dous temas abordaranse desde diferentes disciplinas científicas, unha delas a sociolingüística.


Se desexa máis información visite o web do congreso , onde tamén atopará un formulario de inscrición en liña. O prazo límite para formalizar a matrícula é o 30 de abril.