A carreira, na que se conta con que paticipen máis de 30 000 estudiantes de primaria e secundaria, comezará o vindeiro 5 de maio en Ferrol e rematará o 16 en Pontevedra. As etapas intermedias terán lugar, por esta orde, na Mariña, Lugo, A Coruña, Santiago, Ourense, Baixo Miño-O Condado, Vigo e O Salnés.
Entre os materiais didácticos que se distribuirán nesta edición entre os participantes destaca un disco compacto con actividades de sociolingüística, recursos didácticos, cancións e poemas recitados.
A iniciativa está patrocinada polas seguintes entidades: A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, CIG-Ensino, as coordenadoras comarcais de equipas de normalización lingüística e os concellos de Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ferrol.
Se desexa máis información visite o web do Correlingua.