----

Subvencións ós concellos de Galicia para a normalización da lingua galega

A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local convoca axudas destinadas a sufragar os custos de contratación de persoal nos concellos, para a realización das funcións de traducción ó galego de documentación, así como a subvención de campañas de normalización lingüística.
(Máis información)

As entidades locais que desexen acollerse ós beneficios desta orde, publicada no DOG do 4 de xuño de 2003, deberán presentar o modelo que se achega como anexo I segundo as seguintes modalidades:


1. Mantemento dos servicios municipais de normalización lingüística xa existentes.

2. Creación de novos servicios municipais de normalización lingüística.

3. Organización de campañas co obxecto de lograr a normalización lingüística no concello.


Todas as solicitudes deberán presentarse no prazo de corenta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da orde.