----

Normalización lingüística no tempo libre

A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado organiza as VII xornadas “Interactuando no tempo libre”, que nesta edición incluirán un seminario sobre normalización lingüística no tempo libre, coordinado por Xabier Camba Sanmartín.
(Máis información)



As xornadas desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de setembro en Gandarío (Bergondo-A Coruña) e teñen como obxectivo crear un punto de encontro para todas aquelas persoas que desenvolven o seu labor, en clave educativa, no ámbito do tempo libre.



O prezo da matrícula é de 36 euros para os profesionais en activo e de 12 euros para os estudiantes e parados. O número máximo de participantes é de 100 persoas, polo que se lles dará preferencia a aquelas que posúa algún dos seguintes perfís: monitor/a ou director/a de tempo libre, profesor/a nunha escola de tempo libre ou profesionais do ámbito (animador/a sociocultural, educador/a social, pedagogo/a...).



Máis información no teléfono 981 544 855 ou nos enderezos electrónicos angela.fernández.rey@xunta.es /
mita@xunta.es