Segundo a convocatoria publicada no DOG do 9 de xuño de 2003, poden optar a estas axudas as productoras audiovisuais e empresas de producción multimedia legalmente constituídas no territorio da Unión Europea e que conten, polo menos, cunha axencia de representación en Galicia.
As axudas poderán abranguer o 40% do plan de comercialización e/ou presencia en mercados proposto na solicitude e ata un máximo de 42 000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes é de corenta días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación da orde.