CONVOCATORIA

----

Resolución do 30 de xullo de 2021 pola que se nomean os membros da comisión de valoración para avaliar as solicitudes a dúas bolsas de estadía na Casa Velázquez en Madrid

Convocatoria Bolsas Casa Velázquez 2021

De acordo co establecido na base 10 da Resolución do 1 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (DOG núm. 133, de 14 de xullo de 2021), acórdase a constitución dunha comisión de valoración que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes segundo os criterios fixados nas bases.

A comisión de valoración estará integrada polos seguintes membros:
Presidente: Xosé Manoel Núñez Seixas
Secretaria: Dolores Vilavedra Fernández
Vogal: Fabienne Aguado
Vogal: Luis González Fernández
Vogal: Anxos Sumai García
Santiago de Compostela, na data da sinatura electrónica

Consulta a Resolución do 30 de xullo de 2021 pola que se nomean os membros da comisión de valoración de dúas bolsas de estadía na Casa Velázquez

Accede ó procedemento neste vínculo