CONVOCATORIA

----

Listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (DOG núm. 133, do 14 de xullo de 2021)

Convocatoria Bolsas Casa Velázquez 2021

De acordo co previsto na cláusula 10 da Resolución do 1 de xullo de 2021, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (DOG núm. 133, do 14 de xullo de 2021), despois de rematar o prazo de presentación e unha vez realizada a revisión das solicitudes recibidas e a documentación achegada, procédese á publicación das listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección.

As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles, que empezarán a contar a partir da data de publicación do presente anuncio, para emendar as razóns da exclusión ou presentar a documentación requirida.

Consulta a Listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluídas

Accede ó procedemento neste vínculo