NOTICIA

----

O Consello da Cultura Galega acolle mañá a presentación do ciclo Boas novas no camiño

Mañá, martes 31 de agosto ás 11:00 horas, celebrarase no Consello da Cultura Galega a presentación do programa das xornadas de Boas Novas No Camiño que ao longo de mes do setembro abordarán as boas prácticas culturais nos territorios do Camiño. A iniciativa está organizada pola Asociación de Profesionais da Xestión Cultural co apoio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Dolores Vilavedra, secretaria do CCG asiste a esta presentación na que explicarán todos os detalles Pilar Portela, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural; Cecilia Pereira Marimón, comisaria do Xacobeo 2021 ; Belén Bermejo, directora do Festival Espazos Sonoros, proxecto recollido no Banco de Boas Prácticas da Xestión Cultural; e Samuel Diz, director artístico de Música no Claustro, proxecto recollido no Banco de Boas Prácticas da Xestión Cultural.