CONVOCATORIA

----

RESOLUCIÓN provisional para a adxudicación de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria Bolsas Casa Velázquez 2021

De acordo co previsto na cláusula 11 da Resolución do 1 de xullo de 2021, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (DOG núm. 133, do 14 de xullo de 2021), e unha vez realizada a avaliación dos méritos e recibida a proposta da comisión de valoración correspondente, procédese á publicación das listaxes coa puntuación provisional no proceso de selección.

O xerente
Marcelino Fernández