A nova actualización do “Repertorio de prensa da emigración” ten lugar cos 22 primeiros números de El Despertar Gallego, órgano de expresión da “Federación de socidades agratiras y culturales en Buenos Aires”. A sociedade deixou clara nos seus estutos fundamentais a importancia deste xornal, que informaba mensualmente sobre o funcionamento da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.) e das actividades das sociedades federadas. O seu primeiro director foi o galeguista Antón Alonso Ríos e no primeiro número aparecen reproducidos os estatutos e a declaración de principios aprobados no congreso constituínte.
A publicación, igual que a propia federación, evolucionou dende unha perspectiva socialista a ter unha orientación máis galeguista, moi mediatizada polo comité de redacción, o que provocou numerosas controversias no seo da FSG. En 1930 deixou de publicarse e o Galicia convértese no voceiro social