O Consello da Cultura Galega acolleu o acto de homenaxe a Xulio Ríos

O salón de actos do Consello da Cultura Galega acolleu no serán deste venres un acto de homenaxe a Xulio Ríos (Moaña, 1958). O membro do Plenario do Consello da Cultura Galega e da Comisión de Acción Exterior é unha figura imprescindible na relación da cultura galega coa asiática, nomeadamente coa chinesa.
O Consello da Cultura Galega acolleu o acto de homenaxe a Xulio Ríos

Neste 2021 cúmprense trinta anos da creación do IGADI, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional entidade que dirixe Xulio Ríos desde a súa creación.