----

Simposio Variación e Prescrición

O Instituto da Lingua Galega e a Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega organizan o Simposio Variación e Prescrición, que se desenvolverá en Santiago de Compostela, en sesións discontinuas, entre o 13 de novembro e 2 de decembro.
(Máis información)

O obxectivo é estimular a reflexión sobre o proceso de estandarización lingüística, centrándose naquelas cuestións máis directamente relacionadas coa definición do estándar nos distintos planos: gráfico, fónico, morfolóxico e sintáctico.


A cota de inscrición é de 10 euros e todas as persoas interesadas teñen de prazo para formalizar a súa matrícula ata o 31 de outubro.


Se desexa coñecer o programa do simposio, xunto con outra información relacionada co seu desenvolvento, prema aquí.