----

Consulta en liña os primeiros vídeos dos XXIII Encontros

Xa tes ao teu dispor os primeiros vídeos cun avance dos contidos que trataremos nas dúas primeiras sesións de debate dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística. En concreto, hoxe convidámoste a coñecer as reflexións e os datos que nos ofrecen Paula Kasares, Xaquín Loredo e Anik Nandi, que participarán na sesión A transmisión interxeracional da lingua galega: marco conceptual e contexto social; así como as presentacións e achegas de Ruth Caramés, Irimia Fernández e Socorro García, participantes no coloquio Crianza en galego... crianza natural. Mañá, 26 de outubro, publicaremos os vídeos introdutorios dos dous coloquios restantes.