----

A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe a visita do novo cónsul xeral do Uruguai

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, reuniuse esta mañá co novo cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, Ramiro Rodríguez Bausero, logo da súa incorporación a este destino, con sede en Santiago de Compostela. O cónsul asinou no Libro de Honra da institución.
A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe a visita do novo cónsul xeral do Uruguai

Na visita estivo presente tamén o director do Arquivo da Emigración Galega (AEG) e vicepresidente da institución, Xosé Manoel Núñez Seixas, quen detacou os proxectos que desenvolve o AEG no estudo do movementos migratorios entre ambos os dous países.