NOTICIA

----

A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe a visita do Grupo Parlamentario do BNG

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu esta mañá a visita da voceira do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón. A xuntanza foi solicitada polo grupo político e coincide cunha liña de acción do CCG de manter contactos con outras entidades, axentes e institucións públicas e privadas. Na axenda da institución, está previsto continuar a rolda de contactos cos diferentes grupos políticos con representación parlamentaria.
A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe a visita do Grupo Parlamentario do BNG

Na xuntanza falaron da situación da cultura galega e das accións desenvolvidas pola institución así como dos retos de futuro. A voceira do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, asistiu acompañada de Mercedes Queixas Zas e de Goretti Sanmartín. Foi recibida pola presidenta e polos membros da Comisión Executiva, María Xosé Porteiro, Dolores Vilavedra, Xosé Manoel Núñez Seixas e o xerente da institución, Marcelino Fernández.