Rosa Arcos Caamaño e María Xosé Porteiro García son as coordinadoras dunha cita que pretende conciencia na necesidade do avellentamento como un proceso digno e saudable. Xubilacións forzosas, tutelas, políticas de envellecemento activo... son algúns dos aspectos que se abordan no marco desta xornada que se insire no marco de actividade que o Consello da Cultura Galega mantén coa Valedora do Pobo.
O programa
A sesión de traballo arrinca cunha conferencia marco a cargo da Valedora do Pobo, arredor da discriminación por idade. De seguido, terán lugar unha serie de faladoiros coordinados por Rosa Arcos que buscarán abordar o asunto desde diferentes perspectivas. O primeiro corre a cargo de Andrés Vázquez García, estudante de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, que falará dos dereitos das persoas maiores. De seguido, o catedrático de Dereito do Traballo da Unversidade de Vigo, Jaime Cabeza, abordará a discriminación interseccional, poñendo o foco nas mulleres maiores. Pola súa banda, Federico Armenteros, presidente daFundación 26 de Decembro, abordará este asunto desde a perspectiva do colectivo LGTBI. Pecha Xaime Fandiño, promotor do proxecto de Innovación Social Interxeracional: Deteriorados cunha intervención titulada “Discriminación interseccional: aprendendo a avellentar”