----

Selección de persoal docente para impartir un curso de linguaxe administrativa galega

O Concello de Santiago, dentro do seu Plan de Formación Continua, está a organizar a actividade formativa Linguaxe Administrativa Nivel Medio, dirixida ao persoal do propio concello con funcións técnicas e administrativas.

Para isto, precísanse expertos docentes nesta materia que estean interesados en impartir este curso.
(Máis información)


Os/as interesados/as deben enviar ao Departamento de Persoal do Concello de Santiago a seguinte documentación:


-Currículum vitae.

-Presuposto por impartir o curso, que deberá especificar euros/hora.

-Informe do material didáctico que entregará aos participantes.


As datas previstas para a realización do curso son entre o mes de marzo e primeiros días de abril (de martes a venres, de 16:30 a 20:30 horas).


Se desexa máis información debe poñerse en contacto co Departamento de Persoal do Concello de Santiago:

Tlf.: 981 543131 e Fax: 981 576182.