NOTICIA

----

Renovado o sitio web do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) estrea hoxe novo espazo web. Nel poderase acceder aos proxectos e recursos realizados por este centro que busca xerar un intercambio e diálogo de materiais relacionados co proceso de normalización do galego. Coa renovación deste espazo, complétase o proxecto de renovación dos catro arquivos do CCG.