NOTICIA

----

Antón Fraguas protagoniza a nova entrega do proxecto Voces Centenarias

Antón Fraguas (Cotobade, 1905- Santiago, 1999) sintetiza o coñecemento etnográfico de Galicia grazas a un laborioso e obstinado traballo de recollida a prol da nosa historia e da nosa identidade. É tamén o protagonista da nova entrega de Voces centenarias, un proxecto do Arquivo Sonoro de Galicia, dependente do Consello da Cultura Galega (CCG) achega tres cortes sonoros que condensan a súa poética.

As gravacións desta nova entrega do proxecto Voces Centenarias que ofrecen a voz de Antón Fraguas proceden Colección Afundación e o Círculo das Artes de Lugo que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia. O primeiro dos cortes é de 1983 e consiste na conferencia “O culto ás pedras” que Fraguas concede nas Xornadas da Cultura Galega organizadas por Caixa Galicia en Ferrol e que se insiren no ciclo: Mitos e crenzas en Galicia. Nela fai un percorrido polos usos e significados míticos que as pedras acadan para o noso pobo (pedras curativas, pedras abaladoiras, pedras de rogación, pedras de adiviñación, pedras mortuorias...). Outro dos cortes vai sobre Armando Cotarelo Valledor, homenaxeado nese ano (1984) co Día das Letras Galegas. Nesta gravación Fraguas debuxa o retrato do filólogo e escritor así como da súa obra como creador, fixándose nas súas obras dramáticas (Hostia, Beiramar, Lubicán).

O terceiro dos fragmentos é outra conferencia que Fraguas pronuncia o 9 de maio de 1986, dentro do ciclo Folclore e etnografías galegas, organizado pola Agrupación Folclórica e Cultural Terra Meiga de Ferrol. Titúlase “Festas e romarías galegas: o Corpus” e nela detalla os elementos etnográficos do Corpus e sinala a súa orixe, cun preámbulo onde diferencia entre festa e romaría.

inala a súa orixe, cun preámbulo onde diferencia entre festa e romaría.

Voces centenarias
O 13 de setembro de 2021 o Consello da Cultura Galega puxo en marcha o proxecto Voces centenarias, unha iniciativa para visibilizar mensualmente a voz de persoeiros da cultura, da política, da emigración... que axudaron a perfilar o noso pasado pero tamén o noso destino presente e futuro. O proxecto comezou a andar con gravacións de Filgueira Valverde, Rafael Dieste, Maruxa Boga, Laxeiro e Osorio Tafall,