----

Novo número do Cartafol Dixital

Xa pode consultar en liña o número 12 do Cartafol Dixital, boletín mensual editado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
(Máis información)

Entre os contidos deste número salientamos os novos datos sobre o grao de galeguización na docencia universitaria, a resolución do concurso de deseños a prol da lingua e as recensións das obras O galego segundo a mocidade e Léxico panlatino do comercio electrónico.


Para máis información, consulte en rede o Cartafol Dixital.