Alejandro Alonso Nogueira, profesor de Literatura Contemporánea na City University of New York, e José Losada-Montero, profesor e director do Programa de Español en Southwest Minnesota State Universityorganizan participan nesta sesión que analizará as rutas que varios intelectuais galegos se viron obrigados a seguir ao deixar España entre 1936 e 1939, mostrando a relación entre pensamento, acción e vida na súa obra.
Na súa intervención analizaranse as figuras de intelectuais como José Rubia Barcia, Ernesto Guerra da Cal, Emilio González López ou Ramón Martínez López e de artistas como Eugenio Fernández Granell. Os seus traballos académicos e intelectuais fan un esforzo por reconstruír un relato comunitario e por articular un espazo político, no que se percibe a memoria da cultura republicana e a experiencia da guerra. Moitos destes intelectuais, trala Guerra Civil española, incorporáronse a universidades americanas pero, aínda que compartían formación política e experiencia histórica, as súas carreiras profesionais foron diferentes. Na sesión tentarase reconstruír os seus contextos intelectuais, prestando especial atención ás tensións e loitas discursivas que estruturan o campo cultural dos exilios galego e español.