EXTRACTO da convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación

Procedemento bolsas proxectos de investigación 2022 (PR970B)

EXTRACTO da Resolución do 9 de maio de 2022 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

DESCARGAR PDF

BDNS (Identif.): 627604.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao en Comunicación, Humanidades e Ciencias Sociais, Documentación ou outras titulacións equivalentes e que rematasen os seus estudos no curso académico 2011-2012 ou posterior.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras e as condicións que deben reunir as persoas solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 9 de maio de 2022 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

Cuarto. Contía

Para este gasto que se proxecta habilitarase o crédito adecuado e suficiente por un importe máximo total de corenta e seis mil douscentos euros (46.200 €), que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.484.0, e que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos/das bolseiros/as e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro/a será de mil cen euros mensuais (1.100,00 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2022

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega