----

VI Xornadas de Orientación e Titoría

A Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Confederación Intersindical Galega (CIG) organizan estas xornadas de formación do profesorado, que terán lugar os vindeiros días 5 e 6 de marzo de 2004 no IES Fontiñas, en Santiago de Compostela.
(Máis información)

No que respecta ao ensino da lingua, salienta a intervención de Lluis Maruny Curto, psicólogo do Equip d´Assessorament Psicopedagògic del Baix Empordà (Girona), que achegará propostas metodolóxicas para traballar contidos de lingua co alumnado inmigrante. Así, na súa intervención trataranse, entre outros, contidos como a distribución do alumnado inmigrante, os talleres de lingua, a interculturalidade e os dereitos da cidadanía, a inmersión lingüística ou o proceso e as etapas da adquisición da lingua.


Se desexa máis información sobre o programa ou acceder ao formulario de matrícula en liña, visite o web da AS-PG.