----

Bolsas de colaboración no Centro Ramón Piñeiro

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria publica, no DOG do 22 de marzo de 2004, a convocatoria de bolsas de colaboración nos diferentes proxectos de investigación que neste momento se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
(Máis información)

As bolsas ás que poden optar os/as licenciados/as en filoloxía galega son as seguintes:


-Unha bolsa para o proxecto sobre terminoloxía científico-técnica.

-Unha bolsa para o proxecto de síntese de voz en galego.

-Dúas bolsas para o proxecto de informes anuais de literatura.

-Dúas bolsas para o proxecto de corpus de referencia do galego actual.

-Unha bolsa para o proxecto de investigación e estudo do galego no exterior.


O prazo de presentación de solicitudes é de corenta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria.


Se desexa máis información, prema aquí.