Orzán era o título da publicación oficial do Centro Coruñés de Bos Aires na que aparecen artigos e informacións sobre a entidade editora. Nel abundan os traballos e as colaboración sobre Galicia e a súa historia, especialmente da cidade da Coruña e da provincia. Conta tamén con textos literarios, principalmente poesías, relatos, anécdotas e opinións de todo tipo. Foi unha publicación de carácter anual que tivo só 7 números, dos que agora se poñen a disposición da cidadanía 5. Un deles, o número 2, foi dixitalizado en Bos Aires pero o resto dos números son unha doazón ao Arquivo da Emigración Galega de Chema Rei Lema.