----

Presentada en Panxón a xornada As xentes do mar 2022

A presidenta electa do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, xunto coa responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, Luisa Martínez, e o alcalde do Concello de Nigrán; Juan A. González, presentaron esta mañá en Panxón a Xornada As Xentes do Mar 2022. Trátase dunha actividade que busca fomentar o debate sobre o estado da pesca, a sustentabilidade, a conservación da biodiversidade ou a aparición de especies invasoras, a través da traxectoria profesional das persoas convidadas que dedican ou dedicaron a súa vida ao traballo no mar.
Presentada en Panxón a xornada As xentes do mar 2022

Luisa Martinez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia é a coordinadora desta cita que terá lugar o vindeiro sábado 25 de xuño na Lonxa de Panxón en Nigrán e que se integra no marco do programa Ciudad Ciencia que ten o CSIC. Nela participan Laura López, pescantina xubilada do Concello de Nigrán; Rogelio Santos Queiruga, pescador, influencer e defensor da sustentabilidade da pesca e Luisa Iglesias García, Técnica Superior do Grupo de Peixerías do Centro Nacional IEO-CSIC de Vigo