----

Curso de redacción e deseño de traballos de investigación

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela organiza, dentro do seu programa de formación, un curso de lingua pensado especificamente para todos aqueles estudantes da USC que desexen perfeccionar os coñecementos lingüísticos e informáticos necesarios para elaborar os seus traballos de investigación en galego.
(Máis información)

O curso, de 30 horas de duración, impartirase a partir do 13 de abril tanto no campus de Santiago coma no de Lugo.

Todas as persoas interesadas deben formalizar a súa matrícula nos servizos de normalización lingüística destes dous campus e teñen de prazo para facelo ata o vindeiro 2 de abril.


Se desexan máis información poden solicitala nos seguintes teléfonos:
981 528018 (campus de Santiago) e 982 285900 ext. 23582 (campus de Lugo).