----

Para unha modernización da documentación administrativa galega

O Seminario Permanente de Linguaxe Administrativa da Dirección Xeral de Política Lingüística vén de presentar o Manual básico de documentación administrativa, froito do proxecto de renovación que nestes últimos tempos se está a desenvolver nos cursos de linguaxe administrativa.

O manual, que quere contribuír á democratización da relación entre Administración e cidadanía, achega propostas concretas para a renovación e modernización da documentación administrativa galega e ofrece unha ampla selección de modelos comentados.
(Máis información)

No mesmo acto a Dirección Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Promoción Cultural presentaron os materiais elaborados este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas. Distribuíronse desde unidades didácticas a compilacións de relatos para que os centros de ensino poidan divulgar a figura de Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas.


Se desexa consultar o Manual básico de documentación administrativa en formato PDF, prema aquí.