NOTICIA

----

O alumnado do colexio arxentino galego Santiago Apóstol visitou a sede da insittución

O alumnado de 5º ano do Colegio Argentino Gallego Santiago Apóstol de Buenos Aires visitou hoxe a sede do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela, onde foron recibidos polo secretario, Silvestre Gómez Xurxo, e o técnico Manuel Gago. Os alumnos, en viaxe de estudos por Galicia, coñeceron distintos aspectos do traballo e as actividades da institución.

O Colexio Santiago Apóstol foi creado en 1989 por iniciativa da Xunta de Galicia e do Centro Galicia de Bos Aires. Acolle e forma a estudantes de diferentes nacionalidades co valor engadido da lingua e a cultura galegas.