NOTICIA

----

O Consello da Cultura Galena recunca en Líber, feira internacional do libro, coas últimas publicacións

Comeza en Barcelona unha nova edición da Feira Internacional do Libro, Líber. Unha cita á que o Consello da Cultura Galega (CCG) acode regularmente para mosar a súas últimas publicacións e as máis representativas. Como vén sendo habitual, acode a través de dous espazos: un deles co Institut d´Estudis Catalans; o outro é coa Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE). Líber é un espazo de referencia fundamental ao que levar a produción científica recente da institución.


No espazo compartido co Institut d´Estudis Catalans, o CCG está representado cunha vintena de publicacións que serven para dar conta do noso variado catálogo. Entre elas hai títulos moi recentes como No desterro de Ramón Cabanillas, ou o Cancioneiro das loita galega, publicación conmemorativa do Día das Letras Galegas deste ano ou a segunda edición de O tempo das mareas. María Casares e Galicia, que afonda no vínculo galego da reputada actriz no centenario do seu nacemento.

Ademais, no marco da Unión de Editoriales Universitarias Españolas, o CCG tamén ofrecerá cinco as súas últimas publicacións: Galicia no tempo de Afonso X ou A unha voz na metade do reino. Cincocentos anos da Xunta de Melide.