----

Novo pulo na introdución do galego no ámbito das novas tecnoloxías

Preséntanse en Santiago o paquete de interface en galego do Windows XP e o corrector ortográfico 2.mil3, dúas novas ferramentas para traballar en galego no ámbito da informática.
(Máis información)

Para traballar co Windows XP en galego, froito dun convenio asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Microsoft, abonda con instalar o “Paquete da interface en galego”, aplicación que poderán descargar de balde todas aquelas persoas que xa posúan a licenza deste sistema operativo. A terminoloxía empregada nesta versión foi revisada polo TERMIGAL e contempla xa as últimas actualizacións das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.


O corrector ortográfico 2.mil3, elaborado por Imaxín Software, é válido para Office 2000, Office XP e Office 2003 e tamén está adaptado xa ás últimas actualizacións da normativa do idioma galego. Para o correcto funcionamento no paquete Office 2000 é preciso ter instalado previamente o corrector 2.mil.